Inspección técnica de vehículos agrícolas en maio e xuño

La Voz

A Estrada

Os días 23, 24 e 25 estará xunto ao colexio de Oca

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos desprazarase a distintos puntos da Estrada en maio e xuño. Os días 23, 24 e 25 de maio estará xunto ao colexio de Oca. Do 6 ao 8 de xuño, xunto ao do Foxo, e os días 9, 12 e 13 de xuño na chaira da estación de autobuses da Estrada. En Codeseda estará do 14 ao 16 de xuño na carballeira e no campo da festa de San Xorxe de Vexa do 19 ao 21. Sempre de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas. Cita previa no 902 309 000 ou www.sycitv.com