O Club Sincro Burbullas logra dous ouros en alevíns en Oleiros

La Voz LALÍN /LA VOZ.

A Estrada

O equipo suma éxitos no primeiro ano de competición

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Club Sincro Burbullas da Estrada pechou o pasado domingo a súa participación na piscina de INEF Galicia en Bastiagueiro un gran resultado no V Trofeo Concello de Oleiros

Os éxitos chegan a este club cando está a competir no seu primeiro ano desde que volveu á competición.

O Burbullas desprazou tres equipos de niveis diferentes e logro o ouro nas categorías de alevíns.

Do peso da competición dá idea que o Trofeo de Oleiros contou con máis de 400 participantes de once clubs. A próxima cita para o Burbullas será o 13 de maio no XII Trofeo Diputacion en Marín.