O Concello da Estrada gaña as tres sentencias sobre o PXOM

A Estrada

O TSXG falla a favor dos intereses municipais en dous preitos expostos por particulares e no de AEDRU

25 abr 2017 . Actualizado ás 12:40 h.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de dar a razón ao Concello da Estrada nos tres procesos xudiciais que puñan en cuestión o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do municipio. Dous dos contenciosos foran presentados por particulares e outro polo colectivo AEDRU. O tribunal valida o proceso de exposición pública do documento, así como a aprobación definitiva condicionada feita no seu día pola Xunta de Galicia. O tribunal galego apoia ademais o estudo económico e a avaliación ambiental estratéxica do documento urbanístico.