O quinto trofeo de ciclismo máster Concello da Estrada será o 30 de abril

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

Dúas variables de 70,6 e 58,6 quilómetros segundo a idade dos corredores

21 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O V Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada que constitúe a segunda etapa do Challenge de Ciclismo Club Ciclista Asociación Galega de Ciclismo, CCAGC, terá lugar o día 30 de abril sobre un circuíto habitual cada ano que ten saída e chegada ea a rúa 25 de Xullo. O arranque esta fixado para as 10.30 horas.

A proba esta organizada con respaldo da Federación Galega de Ciclismo e o Concello da Estrada e está destinada ás categorías máster 30, 40, 50 e 60, e os puntos computan para a clasificación da Challenger, que dos seus tres probas xa ten unha disputada, a celebrada en Touro o día 2 de abril.

Clasificación

A Challenger está, con esa proba xa celebrada, liderada por Rubén Fernández (Norinver) en máster 30, por Iván Vidal de Sa (Código Atlántico), en máster 40 e Javier de la Fuente (Norinver) en Master 50.

70,6 e 58,6 quilómetros

O Trofeo estradense está consolidado no calendario galego nun circuíto habitual integramente no Concello. Organízase cun percorrido en oito voltas que suman 77,6 quilómetros para os máster 30 e 40 e seis voltas para os máster 50 e 60 que cobre un percorrido de 58,6 quilómetros

Circuíto

É un circuíto entretido e rápido, segundo detalla a organización, sen momentos de descanso e sempre propicio para escapadas. Discorre sobre firme ben asfaltado e é destacable que ao final de cada volta hai unha subida de dous quilómetros que aproxima á liña de meta. A liña de meta será meta volante na voltas dúas e catro.

Challenge con tres probas

O Trofeo Concello da Estrada do día 30 de abril marcará o ecuador das tres probas que reúne o calendario da Challenge do CCAGC. A primeira tivo a súa celebración no día 2 de abril no Concello de Touro e, tras a da Estrada, a que pecha a Challenge será o 7 de maio no Pino.

Puntúan tres categorías máster, a de 30, 40 e 50-60 que é considerada como unha soa. Tamén hai clasificación xeral que suma as tres probas disputadas aínda que ao gañador final esíxeselle que deberá ter concluído cada unha as tres probas.

A inscrición para a proba da Estrada será de 10 euros, cantidade igual en cada un das tres do campionato.