A Fervenza de Ouzande celebrou o seu quince aniversario

La Voz

A Estrada

Máis de 160 persoas participaron na festa organizada pola asociación

21 jun 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis de 160 persoas participaron o domingo en Ouzande (A Estrada) na festa organizada pola Asociación Cultural A Fervenza para celebrar os seus 15 anos de vida. O alumnado das clases de música e baile tradicional protagonizou varias actuacións ao finalizar o xantar. Unha mostra de paneis coa historia da asociación en imaxes e a proxección dun vídeo no local social completaron o programa de aniversario dunha asociación que, desde os seus inicios, realizou máis de 300 actividades.