Como loitar contra os timos e as estafas

La Voz

DEZA

Charla da Garda Civil en Lalín

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O sarxento da Garda Civil, Luis López Dapena, impartiu onte no centro social lalinense unha charla aos usuarios do mesmo sobre estafas e timos. Os asistentes recibiron unha serie de pautas a fin de evitar ser vítimas deste tipo de actos delituosos. Unha charla práctica na que se aclararon dúbidas e explicouse aos maiores as medidas de precaución que teñen que adoptar. Está enmarcada dentro do Plan Maior posto en marcha polo Ministerio de Interior. foto Miguel Souto