Cecilia Cacheda busca facer historia

La Voz

DEZA

A xogadora lalinense disputa co Porriño a Copa da Reina de balonmán feminino

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Sen deixar o balonmán pero neste caso feminino, desde hoxe e ata o luns dispútase en Porriño a fase final da Copa da Reina . Entre os oito equipos participantes figuran dous galegos, o Atlético Guardés e o Balonmán Porriño. Nesta última formación milita a lalinense Cecilia Cacheda, un dos seus baluartes. A xogadora lalinense debutará hoxe en cuartos ás 20.30 horas fronte ao BM Alcobendas en busca do soño da final.