O actor Fran Lareu e o artista Luchi optan ao premio teatral María Casares

lalín / a voz

DEZA

07 mares 2014 . Actualizado ás 07:00 h.

Lalín terá protagonismo nos XVIII Premios de Teatro María Casares. O actor Fran Lareu e o artista Luis Iglesias Luchi están nomeados a estes galardóns polos seus traballos na obra O Home Almofada, de Il Maquinario Teatro e Xingreira Producións. Fran Lareu opta ao premio a mellor actor protagonista mentres que Luchi está nomeado na de mellor escenografía.