Representación galega para conquistar Londres

Redacción / Axencias

DEPORTES

Kiko Huesca

Solange Pereira, Belén Toimil e Ana Peleteiro serán as representantes do atletismo galego nos mundiais ao aire libre

27 jul 2017 . Actualizado ás 13:21 h.

A Real Federación Española de Atletismo anunciou este mércores a convocatoria de 54 deportistas para os Mundiais de Londres, entre os que se inclúen os medallistas olímpicos Ruth Beitia e Orlando Ortega e o mediofondista Adel Mechaal, exonerado dunha infracción das normas antidopaxe. Ruth Beitia, vixente campioa olímpica de salto de altura, encabezará a expedición española na cita mundialista que se disputará en Londres entre o 4 e o 13 de agosto xunto a Orlando Ortega, subcampión na proba de 110 metros valas nos Xogos Olímpicos de Río 2016. A eles únese o atleta de orixe marroquí Adel Mechaal, quen competirá nos 1.500 metros despois de que o Tribunal de Arbitraxe Deportiva (TAS) háxalle exonerado dunha infracción da normativa antidopaxe tras ter sido acusado de saltarse tres controles, un feito penalizado pola lexislación deportiva.

As esperanzas do atletismo galego estarán postos en tres nomees. Tres mulleres que loitarán por traerse unha medalla da gran cita mundial. Ana Peleteiro en triplo salto, Belén Toimil en peso e Solange Pereira na carreira de 1.500 metros. A saltadora vén de colgarse a prata no Campionato Europeo sub-23 peros agora tocaralle competir coas mellores tripla saltadoras do mundo

Solange Pereira será unha das bazas da delegación española nos 1.500 tras lograr a mínima en Rabat este mesmo mes cun gran tempo.  En 4:06.39 parou o crono Soli en Marrocos e que lle deu o pasaporte para afrontar a súa primeira cita mundialista. Unha proba na que non está entre as favoritas pero que afronta coa ilusióncomo xa demostrou nas súas redes sociais.

Completa a representación española a lanzadora de peso Belén Toimil. A mugardesa vive un gran momento e leste mesmo mes conseguiu catro marcas galegas noutros tantos días. Toimil estableceu no campionato galego absoluto o seu mellor marca con 17 metros e 38 centímetros.

PRAIAS DE CASTELLÓ

Cmpletan a delegación española os seguintes atletas:

HOMES

400 metros Samuel García

400 metros Óscar Husillos

400 metros Lucas Bua

800 metros Kevin López

800 metros Álvaro de Arriba

800 metros Daniel Andújar

1.500 metros Adel Mechaal

1.500 metros Marc Alcalá

1.500 metros David Bustos

5.000 metros Ilias Fifa

Maratón Javier Guerra

Maratón Iván Fernández

Maratón Ayad Lamdassem

110 metros valas Orlando Ortega

110 metros valas Yidiel Contreras

400 metros valas Sergio Fernández

3.000 obstáculos Sebastián Martos

3.000 obstáculos Fernando Carro

3.000 obstáculos Jonathan Romeo

Pértega Igor Bychkov

Pértega Adrián Vallés

Lonxitude Eusebio Cáceres

Triplo salto Pablo Torrijos

Peso Carlos Tobalina

Decatlón Jorge Ureña

Decatlón Pau Gaspar Tonnesen

20 km. marcha Miguel Ángel López

20 km. marcha Luis Alberto Amezcua

20 km. marcha Diego García

20 km. marcha Álvaro Martín

50 km. marcha José Ignacio Díaz

50 km. marcha Francisco Arxila

50 km. marcha Iván Pajuelo

Substitución 4x400m

MULLERES

200 metros Estela García

800 metros Esther Guerrero

1.500 metros Solange Pereira

1.500 metros Marta Pérez

5.000 metros Ana Lozano

Maratón Marta Esteban

Maratón Marisa Casanueva

Maratón Paula González

3.000 obstáculos Irene Sánchez-Escribano

3.000 obstáculos María José Pérez

3.000 obstáculos Teresa Urbina

Altura Ruth Beitia

Triplo salto Ana Peleteiro

Triplo salto Fatima Diame

Peso Úrsula Ruiz

Peso Belén Toimil

Disco Sabina Asenjo

Martelo Berta Castells

20 km. marcha Ainhoa Pinedo

20 km. marcha Laura García-Caro

20 km. marcha María Pérez