Iago López, en 49er, e Echávarri, en Nacra, marchan segundos

I.a. REDACCIÓN / LA VOZ

DEPORTES

CAPOTILLO

En 470 masculino, o vigués Nico Rodríguez e Jordi Xammar baixaron á oitava praza tras asinar un 17 e un 28

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O galego Fernando Echávarri e Tara Pacheco manteñen a segunda posición da clase Nacra 17 na Copa do Mundo de Hyères, empatados cos franceses Moana Vaireaux e Manon Audinet, líderes provisionais. O sonense Iago López e Diego Botín xa son segundos na clase 49er e a están a só dous puntos da cabeza que marcan os británicos Dylan Fletcher-Scott e Stuart Bithell.

En 470 masculino, o vigués Nico Rodríguez e Jordi Xammar baixaron á oitava praza tras asinar un 17 e un 28. Mentres que a coruñesa Sofía Toro e Ángela Pumariega, en 470 femininos, lograron un 10 e un 19 para situarse undécimas.