Sergio Sánchez gaña a popular Coruña21 outra vez

Pablo Gómez Cundíns
Pablo Gómez A Coruña

DEPORTES

Unhas dous mil presentas participaron na carreira polas principais rúas da Coruña

26 feb 2017 . Actualizado ás 14:58 h.

A carreira popular Coruña21 acolleu uns dous mil participantes de todas as idades (uns 1,500 na categoría de veteranos) O máis rápido foi Sergio Sánchez (cun tempo de 1h hora, 03 minutos e 28 segundos), que xa gañara a última edición. 

A asturiana Adela Villa proclamouse vencedora na competición feminina cun tempo de 1 hora 20 minutos e 33 segundos.

César Quian

O percorrido, a dúas voltas (a primeira, de 9.340 metros e a segunda de 11.757 metros aproximadamente) comezou no Cantón Grande para seguir cara a Linares Rivas, praza da Palloza, avenida do Exército, estrada do Porto e a rotonda de Oza, rotonda das Ánimas, de novo o Obelisco para iniciar a segunda volta ata a rotonda das Ánimas, desde onde se encarou o Paseo Marítimo polos Pelamios ata chegar á meta, no Cantón Grande.

Esta edición acolleu a media maratón adaptada na que os deportistas participaron en cadeira de rodas, cuxo gañador foi Iván Monteiro.

Tamén o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda se calzó as zapatillas: «Foi unha experiencia moi boa. Por suposto que vou repetir. Isto é un pouco de adestramento pero o importante é chegar. O maratón son palabras maiores. Hai moitas mulleres correndo e iso é boa noticia».

Consulte aquí os resultados da competición