Que non decaia

Rocío Candal
Rocío Candal DIARIO DUNHA FUTBOLISTA

DEPORTES

31 mares 2016 . Actualizado ás 16:44 h.

Onte todos fomos un pouquiño do Barça. Vimos na súa figura a nosa. Sentimos o reflexo da nosa realidade nas súas caras. Cremos. Durante 90 minutos pensamos que era posible. 

Soaba a utopía, fregámonos os ollos, e vimos que era real. Que o carreiro está aberto. Que queda moito camiño, pero que xa o estamos percorrendo. Un grupo de estudantes -na súa maioría- así nolo fixo ver. 

Fixéronnos soñar contra todo un PSG. Que para quen non siga o fútbol feminino é algo así como "o rival" -ou un deles-. Pola diferenza de orzamento, pola estrutura, polos nomes... A outro nivel. Non entrarei en comparacións, pero é que a diferenza, en todos os aspectos, resulta abismal, ata que pita o árbitro, claro. Aí todo se iguala, ou iso intentáronnos explicar onte as blaugranas.

Por momentos as francesas parecían Don Quixote. Non no xogo, pero si na mentalidade. Deixaron de ver aos muíños -un equipo da descoñecida liga española- e pasaron a visualizar ao xigante -un grupo valente, sen medo, que morreu coa capa posta-. 

Estamos máis preto que onte. E moito máis que antonte. Que non decaia.