O Belas Artes de Bilbao exhibe parte da colección privada de Alicia Koplowitz

La Voz BILBAO / EUROPA PRESS

CULTURA

Javier Zorrilla | EFE

A empresaria ten unha das coleccións máis relevantes a nivel europeo

28 jul 2017 . Actualizado ás 08:03 h.

O Museo de Belas Artes de Bilbao inaugurou onte unha exposición cunha selección de 90 obras pertencentes a Alicia Koplowitz. Os cadros forman parte da colección privada da empresaria, que ten unha das máis relevantes a nivel europeo. As pezas seleccionadas ofrecen un percorrido entre o século XVI e o actual. Destacan as obras da denominada Escola Española, representada polo Divino Morales , Zurbarán ou Goya. Na mostra tamén está presente o posimpresionismo francés, ejemplificado por pintores como Van Gogh, Gauguin e Toulouse-Lautrec. A arte contemporánea está representado por autores nacionais, como Pablo Picasso ou Juan Gris, e internacionais, como Mondrian, Modigliani, Bacon ou Warhol.

A exposición poderase visitar ata o próximo 23 de outubro na sala BBK do museo bilbaíno. O horario de visita vai desde as 10.00 ás 20.00 horas.