Unha limiana foi finalista no concurso Coca-Cola de relato curto

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

CÉSAR DELGADO

Alba Domínguez Marra, do Cidade de Antioquía, participou no certame xunto a outros 500 escolares máis

27 may 2017 . Actualizado ás 18:08 h.

A 57.ª edición do concurso Coca-Cola Novas Talentos de relato curto bateu marcas de participación, con 13.000 alumnos de toda España, 550 deles galegos. Precisamente onte no Pazo de Mariñán, en Bergondo, deuse a coñecer o nome da gañadora da fase galega do certame, Laura Timmer Hernando, do colexio Sacro Corazón de Jesús de Pontevedra. Os finalistas foron Ana M.ª Perales (Montespiño, A Coruña), Paula Novo Purriños (Santiago Apóstol, Narón), Aimara Ventoso Tubío (Virxe do Mar, Noia), Carlos Álvarez Varela (Divina Pastora-Salesianos, Lugo), Alba Domínguez Marra (Cidade de Antioquía, Xinzo) e Sara Fandiño Carballo (Santiago Apóstol, Ponteareas). Os finalistas foron premiados cunha tablet e diversos agasallos.