A Xunta dará axudas aos festivais que quedaron sen subvención

O financiamento procede dos 33.439 euros non executados na resolución da Agadic

santiago / a voz

Ao final, haberá financiamento autonómico. A Xunta e a Coordinadora de Festivais de Cinema de Galicia chegaron a un acordo para que a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) dea financiamento a Cans, Curtocircuíto, Primavera de Cine e FKM. Os festivais recibirán diferentes cantidades, proporcionais ás que ían solicitar no caso de ser admitidas as súas solicitudes. O financiamento procede dos 33.439 euros non executados na resolución da Agadic sobre axudas para os festivais do sector audiovisual. 

Cineuropa, fóra

Xunta e festivais tamén acordaron que Cineuropa quede fose desta medida porque, seguindo as bases da convocatoria, aplícase o criterio que impide a subvención de dous certames presentados por unha entidade. Neste caso, e como Curtocircuíto tamén o promove o Concello de Santiago, optouse por financiar Curtocircuíto.

A Xunta, que recorda que a situación que se deu non foi desexada por ninguén -os festivais non presentaron pola vía telemática e obrigatoria a solicitude de subvención-, tamén se compromete a continuar o diálogo cos festivais audiovisuais galegos para redactar futuras convocatorias de subvencións que lles sexan de aplicación.

Votación
0 votos
Etiquetas
Agadic Financiamento autonómico Xunta de Galicia Santiago cidade Cine
Comentarios