«En Oleiros Valley sabemos que a motivación funciona»

La Voz

OLEIROS

16 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Con Vippter chegou a revolución. Con menos dun ano de vida, é a primeira rede social de influencers do mundo. O seu persoal fórmano 50 traballadores repartidos entre as súas oficinas de Oleiros e Madrid. O seu obxectivo principal é a captación de VIPs, pero eles consideran que as súas persoas máis importantes son as que teñen nas súas oficinas.

«Sen eles, o proxecto non sería posible», apuntan Daniel e Adrián, dous dos tres responsables do proxecto. Eles saben ben cal é o significado da palabra equipo. Veñen do deporte profesional. «Sabemos o que é a motivación, traballar xuntos por obxectivos. Só contratamos a xente para a que nos gustaría traballar».

A de Vippter é un persoal de alta cualificación nos seus diferentes perfís, un equipo ao que necesitan comprometido e con ganas de seguir no proxecto. Eles aseguran «render máis». Senten que hai confianza na súa autogestión. «Non estamos saturados», din no departamento técnico. E iso conséguese grazas aos horarios flexibles, ás reunións nun ambiente de café e a que cada un pode elixir cando goza as súas vacacións. «En Oleiros Valley temos o noso propio método», manteñen Daniel e Adrián, «esta filosofía de traballo tamén existe aquí».

Os venres teñen o título de «mellor día da semana». O traballo párase ás tres para gozar dos pratos de Tere Ramos, a «mamá» de Vippter. Mamá e blogguer. A receitas de «Cociñando con Tere son referencia en Facebook». A súa relación co equipo é xa afectiva. É só una das accións da filosofía do «bo rolo» que seguen. Nótase na facturación? «Indubidablemente», exclaman os CEO.