Miño presenta a Medio Rural o proxecto para crear un viveiro de empresas

La Voz MIÑO / LA VOZ

MIÑO

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, acompañado polo concelleiro de Desenvolvemento local, Jesús Veiga, desprazouse onte a Santiago para presentar a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, o proxecto para crear un viveiro de empresas no municipio. A titular do departamento autonómico valorou as posibilidades de colaboración para dinamizar a economía rural da contorna.

Obra da Carreira

Pola súa banda, o PSOE de Miño celebrou onte a «autodenuncia» do goberno local no desfasamento de pagamentos na obra da Carreira, que supera o medio millón de euros. Os socialistas, que xa no 2012 denunciaron o caso, lembran que as certificacións cuestionadas foron asinadas polo actual tenente de alcalde, Jesús Veiga, polo que agardan a súa declaración voluntaria.