Vinte anos asesorando

A Coruña CIDADE

cedida

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Susana David e Jesús Anxo Fandiño, decidiron celebrar aos grande o vixésimo aniversario da súa empresa. Cando sexan as vodas de prata sabe Divos a que montan. Dirixen Quercus, Estratexia e Asesoría, unha firma que centra a súa actividade en estar ao lado de grandes empresas, pemes e autónomos. Compartiron un cóctel na Granera, ao que acudiron amigos, provedores e moitos clientes. Aí teñen ao equipo de Quercus pouco antes de recibir aos invitados. «Traballamos día a día para asesorar en materia de fiscal, laboral, administrativo, financeiro, estudos de viabilidade, plan de negocios, xestión e optimización de proxectos de internacionalización...», destacan.