O Consello de Universidades negaba á Coruña a facultade de Ciencias da Saúde

La Voz

A Coruña CIDADE

XOAN A. ADOITAR

A pesar daquela decisión anunciada hai 17 anos, o entón reitor da UDC, José Luis Meilán Gil, aseguraba que seguiría adiante co proxecto, que se materializou anos despois

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Nunha longa loita capitaneada polo naquel entón reitor da Universidade da Coruña, José Luis Meilán Gil, o Consello de Universidades guindaba como un xerro de auga fría a súa decisión de oporse á creación da facultade de Ciencias da Saúde na Coruña. Ocorría na sesión celebra aquel 26 de xullo de hai 17 anos na que o reitor mantiña un aberto desencontro co conselleiro de Educación, Celso Currás. Meilán Gil advertía que trataría de que o proxecto seguise adiante a pesar dos informes desfavorables do Consello de Universidades, por considerar que non eran vinculantes nin para a Universidade nin para a Xunta. Conta a información publicada tal día como hoxe que tras aquela tensa reunión, os reitores de Santiago e Vigo gardaron silencio. Terían que pasar uns anos ata que se lograse que a UDC tivese facultade de Ciencias da Saúde e que ao entón Juan Canalejo recoñecéseselle a condición de hospital universitario.