Auga turbia nos Castros e o Castrillón pola rotura dunha tubaxe

p. s. A Coruña / LA VOZ

A Coruña CIDADE

cedida

O incidente afectou a unhas 274 vivendas da zona

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A rotura dunha tubaxe ao seu paso pola avenida da Concordia foi a causa dos episodios de auga turbia que afectaron o día de onte aos veciños dos Castros e o Castrillón. Segundo informou Emalcsa, a rotura produciuse ao redor das 9.20 horas da mañá no número 192 da avenida da Concordia, antes coñecida como avenida dos Caídos.

A canalización estaba pendente de ser renovada, polo que os operarios procederon rapidamente á súa reparación ás 10.30 horas, afectando o incidente a unhas 274 vivendas da zona. Desde Emalcsa aseguran que os veciños poden estar tranquilos, xa que a auga tería pasado pola depuradora, sendo apta para o consumo. Veciños da Cubela, Someso e o centro da cidade sinalan que non se trata dun caso illado, e que os episodios se repetiron varias veces ao longo do último mes.