O medio século de amor dos Folla

A Coruña CIDADE

cedida

26 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

María Antonia Salorio e Jaime E. Folla Gárate celebraron coa súa extensa familia as súas vodas de ouro. Son pais de sete fillos e avós de Mateo , Lucía, Marta, Sara e Jimena. Os veteranos noivos celebraron unha cerimonia familiar na capela do convento das irmás Carmelitas, en Eirís. Despois houbo unha festa na que non faltou a música, xa que entre os Folla hai moitos artistas. Aí teñen á parella cos fillos e a torta que simboliza o medio século de amor.