Peregrinos-mariñeiros no porto

A Coruña CIDADE

ALEJANDRA DO RIO

25 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

 É o Camiño por mar. Unha experiencia única aprobada polo Arcebispado de Santiago, «o que a converte na única ruta a vela coa que se pode obter a compostela, a credencial oficial do peregrino», explican desde o porto da Coruña. Por iso aos 120 tripulantes das 30 embarcacións que onte chegaron á nosa cidade selóuselles o documento para que conste a súa escala. A recepción oficial dos peregrinos-mariñeiros da travesía Navega o Camiño tivo lugar en Marina Coruña. Estivo presidida polo presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.

Hai unha semana estaban a saír de Fuenterrabía e agora xa están a piques de abrazar ao apóstolo. Este xoves, o deán da catedral será o encargado de entregarlles a compostela, o que lles fai inmensamente felices, igual que a recepción da que gozaron onte estes singulares peregrinos-mariñeiros.