Andrés Suárez actuará en outubro na cidade

La Voz

A Coruña CIDADE

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O cantante ferrolán Andrés Suárez presentará na Coruña, máis concretamente no Palacio da Ópera, o seu novo traballo, o sétimo da súa carreira, titulado Desde unha fiestra, que sairá á venda o 26 de maio e do que xa se pode escoitar como adianto a canción O corazón árdeme . A cita, promovida por Cávea Producións, terá lugar o próximo 21 de outubro, e as entradas para o concerto ponse hoxe mesma á venda a través de ataquilla.com, caveaproducciones.com, a sede de Afundación e o despacho de billetes da praza de Ourense.