Os valores restaurados

Carlos Agulló Leal
Carlos Agulló O CHAFLÁN

A Coruña CIDADE

04 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Rrecuperar un edificio como a Fábrica de Tabacos ten un valor que vai máis aló do patrimonial. Devolver a vida a un inmoble que albergou o motor económico coruñés do século XIX e boa parte do XX é facer xustiza ao orgullo dunha cidadanía que se sente, con merecemento, propietaria dunha herdanza impagable: a obra daquelas mans -case todas femininas- que moldearon o progreso económico e social da Coruña.

A expresión máis evidente dese orgullo é a avalancha de persoas que desde o venres hanse achegado á Palloza para coñecer o resultado da recuperación do edificio. E as que piden que continúen as visitas guiadas antes de que o traslado dos xulgados faga imposible volver percorrer algúns espazos que son un auténtico tesouro material (para a cidade) e sentimental (para os cidadáns). A brillantez coa que se resolveu a restauración do edificio é, ademais, unha inxección de autoestima de gran valor. Eses son os valores restaurados.