O concurso do cartel do San Xoán xa ten gañadora

La Voz

CAMBRE

A obra elixida foi realizada por Ana María Varela López, veciña de Cambre

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Ana María Varela López, unha veciña do municipio de Cambre de 22 anos e que acaba de concluír os seus estudos de Deseño Gráfico na Escola Pablo Picasso dá a Coruña, é a gañadora do concurso do cartel das festas carballesas do San Xoán. O seu deseño, o máis valorado polo xurado dos 47 presentados, será dado a coñecer en datas próximas.