As prazas están abarrotadas de peixe e marisco a pesar do temporal de vento

Emiliano Mouzo A Coruña

A Coruña

Emiliano Mouzo

O cerco e o arrastre empezan a capturar xureliño

19 abr 2017 . Actualizado ás 10:17 h.

A predición meteorolóxica indica temporal de vento do noroeste no mar, con forza 8-9, é dicir que os refachos poden acadar case os 90 quilómetros por hora segundo a escala de Beaufort.

Pero a pesar do anuncio destas malas condicións as maiorías das flotas, e mesmo os percebeiros, saíron a faenar. 

Por iso o peixe e o marisco non escasea nas prazas e pescaderías da Coruña, e todo de excelente calidade. 

Na praza de Lugo ata se pode ver e comprar unha raia de 30 quilos. O placeiro Victor ofrécella aos seus clientes en touros a un prezo de 12 euros o quilo. Mariscos Abad tamén expón todo tipo de marisco, sobresaíndo un lubrigante de 4 quilos que se pode adquirir a i46 euros o quilo.

Pero con todo o rei das prazas está sendo hoxe o xureliño. Este xurelo, "nin grande nin pequeniño de todo", din as placeras, foi capturado polos barcos do cerco e do arrastre de litoral. O prezo deste peixe oscila entre os 3 e os 3,5 euros o quilo.