A crónica do mércores 28 de xuño, nun minuto

La Voz

CLAVES

Enquístase a folga do transporte, o estraño ataque dun helicóptero en Caracas, as palabras do rei na conmemoración das eleccións Constituíntes, o último avance na loita contra o cancro de pel e outras noticias do día que deberías saber a tal hora

28 jun 2017 . Actualizado ás 21:46 h.

Foi noticia

Cuarta xornada do paro no transporte

Tras volver paralizar o transporte de viaxeiros en toda Galicia, os sindicatos poderían ir á folga de xeito indefinido e prepáranse para un conflito «longo».

Crece a tensión en Venezuela

O estraño suceso no que un helicóptero, secuestrado por un policía, disparaba a varios edificios oficiais en Caracas, desatou as especulacións sobre se se trata dun falso intento golpe de estado. 

Pesar en Chapela polo asasinato de San Xoán

Familiares e veciños de Daniel Beltrán manifestáronse para condenar a tráxica morte do novo e nela vivíronse numerosas mostras de dor. 

 

A frase

Fálase de... 

Avance na loita contra o cancro

Un equipo de investigadores dirixido por unha galega logrou descifrar a evolución do tumor de pel máis agresivo cando aínda está nunha fase inicial. 

Os difíciles momentos que atravesa o exportero

Santi Cañizares colgou unha imaxe do seu fillo en Instagram onde se pode ver a complicada situación que atravesa a familia, debido á doenza que sofre un dos seus fillos pequenos, de só catro anos. 

Aos lectores tamén lles interesou