Científicos galegos e navarros desenvolven un novo fármaco para o tratamento do ictus hemorráxico

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CIENCIA

CEDIDA

A hemorraxia cerebral supón entre o 30 % e o 40% de mortalidade e é unha das primeiras causas de discapacidade grave no adulto

17 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A hemorraxia cerebral supón entre o 30 % e o 40% de mortalidade e é unha das primeiras causas de discapacidade grave no adulto. Científicos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e do Centro de Investigación Médica Aplicada (CIMA) da Universidade de Granada desenvolveron un novo composto que reduce o dano neurolóxico e mellora a recuperación funcional en modelos preclínicos da enfermidade. Os resultados mostran que o fármaco detén o sangrado intracerebral e reduce a inflamación.

«É un potente axente antihemorráxico cun mecanismo de acción seguro e eficaz. O traballo de investigación conxunto entre ambas institucións demostrou que detén o sangrado intracerebral e reduce a inflamación, o que conduce a unhas lesións cerebrais máis pequenas e a unha mellora da recuperación tamente con José Castillo e José Antonio Rodríguez. Aínda que só representa do 15 % ao 20 % de todos os ictus, a hemorraxia cerebral (ictus hemorráxico) é unha urxencia neurolóxica. Supón entre o 30% e o 40 % de mortalidade e, ademais, é unha das primeiras causas de discapacidade grave no adulto. Os investigadores probarán agora o seu composto en mostras de pacientes e logo agardan facelo en ensaios clínicos en humanos.