«Gústame escribir pero vou por ciencias porque non me gusta memorizar»

La Voz

CIENCIA

XOAN A. ADOITAR

03 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Que non leve a engano o permanente sorriso de Sofía Sánchez-Brunete. A súa simpatía non impediu que fixese un artigo tan duro como o de Helena Sueiro respecto ao sistema educativo que estes días trae de rúa a todos os estudantes que padecen os exames finais. A nova alumna do IES de Pontepedriña decantouse por ese tema porque «a profesora nos aconsellou que fixésemos o artigo de algo que coñecésemos, e que mellor que a educación... Así que vin vídeos, estruturei as ideas e púxenme a escribir. É unha crítica ao sistema educativo que clasifica aos estudantes cando se debería ensinar a todos por igual. Ao que che obrigan a é a aprender de memoria uns coñecementos que non retés e que non che van servir para nada». De feito, a Sofía Sánchez-Brunete gústalle escribir -á vista está que ademais sabe facelo ben pero ela foi por ciencias porque «non me gusta memorizar».

Sofía Sánchez-Brunete, estudante de primeiro de bacharelato do IES Pontepedriña

Maricarme García

«Pasando ou tempo»