José Juan xogará no Elxe tras cinco anos no Lugo

CDLUGO

LOF

O porteiro branquivermello é a primeira incorporación do cadro ilicitano

19 jun 2017 . Actualizado ás 18:01 h.

Os xogadores que o Lugo descartou para a próxima tempada van atopado acomodo noutros equipos. Un dos primeiros en decidir o seu futuro foi o porteiro José Juan, quen militará a próxima tempada nas filas do Elxe. O cadro ilicitano apostou polo veterano porteiro como un dos alicerces para regresar canto antes a Segunda División A, categoría que perdeu esta tempada.

O porteiro vigués cumpriu a pasada campaña a súa quinta tempada no Lugo, tempo no que conseguiu converterse nun dos xogadores preferidos da afección. Na súa dilatada traxectoria chegou a debutar en Primeira División co Celta na tempada 2003/04 e xogou en Cidade de Murcia, Ourense, Aguias, Selecta 74, e Selecta.