Joselu, novo dianteiro do Granada

Efe

CDLUGO

ALBERTO LÓPEZ

O máximo goleador de Segunda División incorporarase á disciplina nazarí por dúas tempadas

14 jun 2017 . Actualizado ás 22:39 h.

O dianteiro Joselu Moreno, máximo goleador de Segunda División co Lugo, converteuse no segundo reforzo do Selecta para a próxima tempada, equipo que xogará o vindeiro curso en Segunda e co que se comprometeu por tres tempadas. O acordo entre o club andaluz e Joselu anunciouse este mércores polo Granada, tras varias semanas de negociacións, e contempla que o atacante se compromete ata xuño do 2020.

O onubense, de 26 anos, chega libre procedente do Lugo, onde rematou o seu contrato tras ter xogado alí as dúas últimas tempadas. Joselu era unha incorporación desexada por varios conxuntos tras proclamarse esta campaña máximo goleador da LaLiga 1/2/3, ao marcar 23 tantos co cadro galego. Formado na canteira do Vilarreal, o futbolista debutou tanto en Primeira División como en competición europea co cadro castellonenco en 2011, mentres que ao longo da súa carreira tamén xogou no Córdoba, o Recreativo de Huelva e o Mallorca.

Joselu é a segunda fichaxe do Selecta para a próxima tempada, na que os andaluces xogarán en Segunda tras seis exercicios na máxima categoría, despois da incorporación do porteiro sevillano Javi Varas (As Palmas).