Trés novos do IES de Ponteceso, en busca dun «gústame»... pola ciencia

La Voz

PONTECESO

Jennifer Busto, Nuria Sánchez e Beatriz Lista necesitan o apoio do público para o seu proxecto

02 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Jennifer Busto, Nuria Sánchez e Beatriz Lista teñen 17 anos e son de Malpica. Estudan no IES de Ponteceso e participan cun vídeo sobre epigenética en Ciencia Clip, concurso de divulgación científica con mozas de España e Hispanoamérica que trata de achegar á sociedade os descubrimentos. Está en xogo unha viaxe ao CERN e entradas para Naukas 2017, polo que necesitan apoio do público para acadar os máximos «gústame» para o seu traballo, dirixido pola docente Isabel Segura: http://cienciaclip.naukas.com/vídeo/epixenetica/