Será ás 18.30 horas hoxe
26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, convocou un novo pleno extraordinario para hoxe, a partir das 18.30 horas, no que executivo proporá a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito para xustificar unha serie de subvencións. Pola súa banda, o portavoz do PP, José Luis Fondo, volveu criticar ao goberno «por non convocar a comisión informativa correspondente e fixar un pleno extraordinario con tan pouca antelación».