Muxía abriu a tempada de comidas dos maiores

La Voz

MUXÍA

RIVEIRO

O banquete celebrado o domingo pasado reuniu a ao redor de 700 persoas

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Ao redor de 700 persoas reuníronse o domingo pasado no pavillón de Muxía para participar nunha nova edición da comida dos maiores organizada polo Concello. Foi unha xornada de sabores, música, baile e confraternidade, que ademais inaugurou de forma extraoficial a tempada de comidas dos maiores. Cabana, Cerceda e A Laracha, entre outros municipios, están xa inmersos nos seus preparativos.