Sete plenos celébranse entre hoxe e mañá na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORCUBIÓN

ANA GARCIA

Será a quenda de Malpica, Cabana, Corcubión, Cerceda, Camariñas, A Laracha e Camariñas

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Varias corporacións municipais reúnense entre hoxe e mañá na Costa da Morte. Para hoxe están previstos os plenos de Malpica (20.00 horas), Cabana (20.30 horas), Corcubión (20.00 horas) e Cerceda (21.00 horas). Destacar de todos eles, o de Malpica, porque se van debater os orzamentos deste ano, cunha relación de ingresos-gastos de 4,9 millóns de euros, un 0,17 % máis que as contas públicas do 2016. O executivo levará a pleno tamén un informe cun remanente positivo a peche de 2016 de 1,33 millóns de euros, toda unha marca.

Para mañá quedan os plenos ordinarios de Camariñas (20.00 horas), Cee (20.00 horas) e A Laracha (13.30 horas). Destacar neste caso o de Camariñas, no que o executivo levará a debate o orzamento deste ano (4,7 millóns de euros), que xa conta co informe desfavorable de intervención pola situación xudicial do alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León. Cabe lembrar que o mandatario está inhabilitado, aínda que a sentenza aínda non é firme e está recorrida ante a Audiencia Provincial.