Devoción e tradición polas rúas corcubionesas

La Voz

CORCUBIÓN

JORGE PARRI

Os veciños acompañaron ao seu patrón, san Marcos, en procesión

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños de Corcubión non faltaron onte á cita co seu patrón e acompañaron en bo número á imaxe de San Marcos durante a procesión que percorreu as rúas da localidade pouco antes do mediodía. Foi o acto central do apartado lúdico dunha xornada festiva na que non faltou tampouco a música: puxérona o grupo folk Petaforte e a orquestra Atenas.