O Cerceda, a gañar no campo do Xerez

CERCEDA

JOSE MANUEL FERREIRO

Entre as novidades no equipo está Diego Uzal, tras a súa sanción

28 may 2017 . Actualizado ás 17:12 h.

O Cerceda recuperará a Diego Uzal no centro do campo, despois de cumprir o seu partido de sanción e será, sen a menor dúbida, unha das grandes novidades no equipo do José Luis Lemos para afrontar o partido ante o Xerez e buscar o triunfo, para liquidar a eliminatoria de ascenso a Segunda División B.

Xerez: Álex; Pedro Oliva, Ferreirihna, Diego Barrero, Carlos Arias; Juan Germán, Oli, Jorge Zafra, Juanito da Cruz; Chema e Juan Germán.

Cerceda: Marcos Valín, Javi Otero, Angeriz, Juan ou Marcos Caridade, Popi; Diego Uzal, Edu, Agulló, Álex Ares; Carlos ou Cañi e Uxío. Tamén viaxan Javi Rumbo (meta), Adrián Abelenda, Adrián Martínez, Bilal e Noé.

Árbitro: Roberto Carralero Calvo, do Colexio Madrileño.

Campo e hora: Estadio municipal Manuel Calzado Galván, ás 18.00.

«O primeiro é saber como está o campo -di Lemos-, xa que me comentaron que está mal e iso prexudicaranos. Despois o importante nos 90 minutos é marcar. Iso daríanos moitas posibilidades de clasificarnos».

Para José Luis Lemos, esta é a súa cuarta fase de ascenso a Segunda División B. Nunca pasou da primeira eliminatoria. Co Cerceda caeu en dúas ocasións e co Boiro, ao ser campión, logrou o ascenso no pasado exercicio a Segunda B.