María Pena, do Atlética A Silva, gaña un torneo internacional en Portugal

José Manuel Ferreiro Negreira
JOSÉ M. FERREIRO CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

CEDIDA

Quedou a un metro da mínima para acudir ao campionato de España

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

María Pena Ferreiro (Ordes, 2003), do Club Atlética A Silva-Cerceda, conquistou de forma brillante o torneo internacional de Lovelhe en Vilanova de Cerveira (Portugal) en lanzamento de xavelina.

A atleta, que é de primeiro ano en cadetes, conseguiu a súa mellor marca persoal, cun lanzamento de 32,07 metros dunha xavelina de 500 gramos. No torneo luso competían tanto cadetes como xuvenís. María, que comezou a actual campaña cun lanzamento de 28 metros, quedou a un metro da mínima nacional.

María Pena, que leva cinco tempadas consecutivas no conxunto cercedense, é unha das promesas máis firmes que ten o club que preside José Domínguez Caballero. A representante da Silva conseguira nos últimos campionatos galegos de lanzamentos longos a medalla de bronce. En Portugal, María superou á súa rival máis directa, a viguesa Antía Sestelo, que foi campioa autonómica e que nesta oportunidade foi superada polo seu rival.

O obxectivo que se marca desde este momento María Pena é poder conseguir a marca mínima para acudir ao campionato de España.