A limpeza, en diversos ámbitos, centra o debate plenario en Cee

La Voz CEE / LA VOZ

CEE

A pregunta de Lamela, Vigo tamén detallou que Feijoo lles transmitiu na última reunión de alcaldes as poucas garantías que lle ofrece o plan industrial de Ferroatlántica

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O debate do venres pola noite no pleno de Cee, a falta de grandes asuntos na orde do día, virou ao redor da limpeza, despois de que a popular Zaira Rodríguez, puxese outra vez sobre a mesa a eliminación da praza de albanel como recurso contable, e Margarita Lamela (PSOE) interesásese por distintas obras e tarefas de mantemento.

En resposta a Rodríguez, o rexedor, Ramón Vigo, defendeu que a limpeza mellorou bastante respecto da etapa da exalcaldesa e que mesmo do 90 % das rúas hanse baldeado. «Vostede está sentada aí e eu aquí polo mal que limpou o Concello», chegou a dicirlle Vigo.

A pregunta de Lamela, Vigo tamén detallou que Feijoo lles transmitiu na última reunión de alcaldes as poucas garantías que lle ofrece o plan industrial de Ferroatlántica e anuncioulles que en aproximadamente 20 días, cando teña os informes xurídicos, volverá convocarlles. A postura dos rexedores segue sendo contraria á segregación.