Lira e Ameixenda loitarán pola praza de ascenso

CEE

jorge parri

Eliminaron nas semifinais ao Nantón e Volantes de Baño, respectivamente

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Lira será o rival do Ameixenda na loita pola praza de ascenso a Segunda Autonómica da Costa, despois de golear ao Nantón (4-1), aínda que xa gañou na ida 1-2. Pola súa banda, o Ameixenda tamén venceu nos dous partidos ante o Volantes de Baño, 2-0 e 0-1.

Co Ameixenda clasificado o sábado, o Lira e o Nantón buscaron a outra praza en choque disputado o domingo.

Lira: Peipo; Adrián, Cristian, Eloy (Pelexo, min 60), Manuel Cartamil (Iván Misto, min 70); Essien (Goyanes, min 71), Disciclín, Miguel (Suso Patachín, min 81), Oli; Suso Perico (Costa, min 76) e Quique.

Nantón: Guille; Fabián, Silvariño, Pablo, Diego Pasarela; Carlos Vidal (Touriñán, min 57), Fabio (Kevin, min 65), Redondo, Martín; David Lareu (Emmanuel, min 60) e Iván (Raúl, min 71).

Árbitro: Iago Varela (A Coruña). Estivo ben. Expulsou a Iván Misto (Lira, min 91) e ao adestrador do Nantón, Carlos Margarida (min 75).

Goles: 1-0, min 50: Disciclín; 2-0, min 55: Suso Perico; 3-0, min 69: Essien; 4-0, min 73: Disciclín; 4-1, min 78: Raúl.

O Nantón comezou ben os primeiros 25 minutos, pero David Lareu non acertou (min 5). Despois, o Lira pasou a impor o seu xogo e con el chegaron as ocasións. Antes de finalizar a primeira parte, Diego Pasarela non aproveitou outra oportunidade clara (min 42).

Na segunda parte, o Lira encarrilou a vitoria con dous goles. O Nantón tivo reacción, pero Iván Redondo e Iván non aproveitaron ante Peipo e ao final a vitoria foi claramente local.

Na outra eliminatoria o Ameixenda volveu derrotar ao Volantes de Baño. Nesta oportunidade ante 150 espectadores no estadio San Paio de Refoxo. Marcou Borja (min 35 e 75). Os xogadores de Pato conseguiron gañar no primeiro encontro disputado no Eleuterio Balayo cun tanto de Jesús, de penalti. Na final, o Lira e o Ameixenda disputarán o partido de ida o domingo no Eleuterio Balayo e ao volta en Cee, o próximo día 7 de maio.