Concentración en Ferroatlántica de apoio aos empregados feridos

La Voz CEE / LA VOZ

CEE

JORGE PARRI

Os traballadores ser reuniron onte pola tarde en Brens

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Despois da reunión do comité e as asembleas nas fábricas de Dumbría e Cee, os traballadores de Ferroatlántica concentráronse diante da planta de Brens para mostrar o seu apoio a Gerardo Castro Caamaño e Francisco Castro Villar, os compañeiros que sufriron queimaduras de segundo grao por unha explosión no forno 12 a semana pasada e que seguen hospitalizados.

Segundo explicou o portavoz do comité, Alfonso Mouzo, ademais recibiron o apoio do persoal para que, no caso de que a empresa presente á Xunta a solicitude de segregación de actividades para vender as centrais, tomar as medidas que consideren oportunas. Polo momento non decidiron se se tratará, dado o caso, dunha manifestación en Santiago ou unha nova convocatoria de folga.