O BNG de Cee propón medidas para impulsar o mercado municipal

La Voz

CEE

Levará unha proposta ao pleno do venres

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG de Cee levará unha moción ao pleno do venres para que se estude a posibilidade de abaratar os prezos dos postos no mercado, mellorar a súa limpeza, que se cumpra a normativa da zona azul na contorna, revisar a cuberta do edificio que ten pingueiras, apurar os prazos para a apertura da cafetería e analizar se é posible facerlle unha entrada exterior para rendibilizala.