Máis apoios para a unidade de drogodependencia de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

J.M. CASAL

Hoxe asinarase un convenio de financiamento coa Deputación

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Carballo asinará hoxe un convenio de financiamento da Unidade Asistencial de Drogodependencia. O alcalde, Evencio Ferrero, reunirase ás 10.30 horas coa deputada provincial de Benestar Social, Educación e Política de Igualdade, Ánxela Franco, para formalizar o acordo de financiamento. Máis tarde, ás once da mañá, visitarán a Unidade de Drogodependencia para coñecer de primeira man as actuacións que se desenvolven nas instalacións do centro carballés. Ás 11.45, para rematar, achegaranse ata o centro especial de emprego de Aspaber.