Xornada de feira e tamén de «Carballo por Etapas»

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

Os 18 locais participantes volven servir hoxe as súas propostas de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Por ser cuarto domingo de mes, en Carballo toca feira. Ao bulicio da Praza do Concello e do barrio da Milagrosa únese xeralmente nestas xornadas de mercado o tempo de vermú e viños. Pois ben, hoxe hai aínda un aliciente máis para visitar a capital de Bergantiños. Trátase da quinta edición de Carballo por Etapas, unha ruta gastronómica na que participan 19 locais expondo as súas propias tapas a 1,50 euros, o que ademais lle permite ao cliente facerse cun rasca e optar a agasallos variados. O atractivo é aínda maior pola presenza dun tren turístico que, continuamente, vai percorrendo os diferentes establecementos, facilitando así o desprazamento de nenos e adultos. De 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00, as tapas pódense degustar hoxe na Barra Bares, A Cervecería de Luis, A Nova Ferradora, A Tapería, Abastos, Embaixador, Xenebra, Habanos 79, Ágora, Dublín, A Bombonera, A Cabaña, As Viandas, O Hórreo, Mesón do Polbo, A de Pako, O Mexillón e Vesuvio.