Xestur adxudica 12 parcelas do parque de Bértoa, por case un millón de euros

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

A superficie ascende a 22.694 metros cadrados

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O consello de administración da empresa pública Xestur adxudicou onte 16 parcelas de chan empresarial en compravenda, emprazadas en cinco parques diferentes e cun total de 32.205 metros cadrados. A maior parte delas (nada menos que 12) corresponden ao polígono de Bértoa (Carballo): a superficie ascende a 22.694 metros cadrados. O prezo da adxudicación é de case un millón de euros, despois de aplicar unha bonificación polo mesmo importe, xa que neste parque a bonificación é do 50 %.

As restantes parcelas foron adxudicadas nos polígonos de Ordes, Melide, A Sionlla (Santiago) e As Gándaras (Lugo). Sumando o caso de Carballo, as bonificacións aplicadas sobre o prezo do chan adxudicado supoñen a máis de 1,2 millóns de euros. O de Bértoa segue así o seu ritmo ascendente, con máis do 50 % do chan «con nome e apelidos de empresas», como dixo onte o alcalde, Evencio Ferrero, na presentación da segunda edición das Xornadas Empresariais de Bergantiños.