O Basket Xiria di adeus á fase ante o Castro

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

A final a catro terá lugar na Coruña o próximo día 7 de maio

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Manu Rey e Peli Esmorís son as baixas do Basket Xiria para disputar hoxe (20.00 horas, pavillón Vila de Noia) o partido ante o Construcións Castro no último encontro da fase, coa que a xa lograron a clasificación para a final a catro.

Héctor Añón regresa ao equipo, despois da súa lesión, e ademais dos habituais están convocados os júniores Anxo Estany, Javi López e Jota Mato.

«O equipo buscará a regularidade durante os 40 minutos e evitar perdas de balón inxenuas, que nos marcan moito no aspecto ofensivo», comenta Arturo Ferraces.

O Castro gañou na primeira volta aos carballeses, por esa razón Ferraces di: «É un equipo que domina os partidos desde a súa agresividade defensiva e intensidade, roubando moitos balóns e xogando a campo aberto».

Os dous equipos están clasificados para a final a catro, aínda que non se verán as caras en semifinais, nas que o Basket Xiria medirase ao Obradoiro de Santiago, e o Básquet Coruña, ao Porriño. A fase xogarase o día 7 de maio na Coruña. Solicitouna o equipo local.

Os xogadores de Arturo Ferraces están clasificados para a final a catro