Retiran os restos dunha ovella morta no río Anllóns, en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Foron localizados preto da rúa Santa Ana

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Persoal do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo retirou na mañá de onte os restos dunha ovella, que foron abandonados ao río Anllóns ao seu paso polo centro urbano carballés.

O aviso produciuse na tarde de onte. O corpo sen vida do ovino foi localizado na canle fluvial, nas inmediacións da rúa Santa Ana, preto da rotonda da Milagrosa e na parte posterior dun supermercado. Desde o Concello deron aviso a unha empresa especializada na recollida e traslado nesta modalidade. Un camión procedeu na mañá de onte á súa retirada, pero os restos da ovella estaban nunha zona de difícil acceso e tivo que ser o persoal de Protección Civil quen sacase o corpo da auga para levalo ata o vehículo pesado para o seu posterior traslado a un xestor autorizado.