Manifestación en Carballo dos alumnos de FP

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

FOTO MANOLO

Os estudantes percorreron a localidade en protesta polos plans de Insalud de dar títulos similares aos seus traballadores

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A intención do Insalud de ofertar aos seus traballadores uns cursos de promoción interna que lles permitirían obter uns títulos similares aos do segundo ciclo da Formación Profesional propiciou hai agora 28 anos unha manifestación de alumnos en Carballo. Ao redor de 200 estudantes de FP -aos que se sumaron algúns mozos pontecesáns- tomaron as rúas da capital bergantiñá coreando lemas como «titulados suados e non regulados» e provocando un breve corte de tráfico no cruzamento das rúas Vázquez de Parga e Gran Vía.

Os estudantes concluíron a súa marcha na praza do Concello e tras requirir a súa presenza a berros conseguiron entrevistarse co alcalde, José Sánchez Vilas, que lles mostrou a súa solidariedade.

Aquel mesmo día, os alumnos de Cee e Vimianzo tamén realizaron unha folga para mostrar o seu rexeitamento ás pretensións do Insalud.