Membros do goberno local de Cedeira coñeceron servizos municipais carballeses

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

En xaneiro estiveron en Carballo representantes de Ponteareas

11 feb 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha delegación do Concello de Cedeira visitou onte o Concello de Carballo. Acudiron o alcalde, o socialista Pablo Moreda, e os edís María Xosé Rodríguez, do BNG, e Camilo Casal, de Anova. Foron recibidos polo rexedor, Evencio Ferrero, e os edís Milagros Lantes e Luis Lamas.

Os membros do tripartito que goberna Cedeira interesáronse, sobre todo polo funcionamento do contrato de iluminación pública, o primeiro de Galicia con leds en toda a rede. Desde o executivo carballés explicáronlles que conseguiron un aforro do 80 % do consumo.

Tamén se interesaron polos servizos que prestan os centros especiais de emprego, como ocorre con Aspaber coa limpeza viaria e de edificios. O alcalde destacou a satisfacción polo resultado e pola integración. Falaron, ademais, do uso de soares privados como aparcadoiros provisionais. Os cedeirenses pediron máis información sobre o sistema.

En xaneiro estiveron en Carballo representantes de Ponteareas.