Charla en Carballo para pais de nenos con necesidades especiais

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Será o 8 de setembro e organiza Einstein Formación

26 ago 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

Os pais de nenos con necesidades especiais teñen o día 8 de setembro unha cita na rúa Manuel María (número 12). A academia Einstein Formación promoveu para ese día unhas xornadas abertas e gratuítas para que os proxenitores coñezan non só cal é o problema dos seus fillos senón a forma de axudalos para conseguir que melloren nos resultados académicos e sociais. Nas sesións intervirán unha psicopedagoga e unha logopeda, quen exporán os problemas máis frecuentes e as medidas a tomar para afrontalos. Tamén haberá quenda de rogos e preguntas para aclarar dúbidas. Os interesados en participar han de anotarse chamando ao 981 702 970.